No marco da GDC Sony anunciou que en outubro poría á venda o seu sistema de realidade virtual PlayStation VR, poñendo o acento no seu prezo (399 dólares/euros), moi inferior ao das Oculus Rift ou o HTC Vive, o que agochaba certa trampa, xa que non incluía sistema de control (opcionais) nin a PlayStation Camera (imprescindible) xa que poden adquirise de xeitos variados e hai usuarios que xa os terían adquirido con anterioridade.
Pero para evitar problemas, e ofrecer unha solución completa, hoxe presentan un lote que vai poder reservarse a partires do vindeiro martes nos EE.UU. (polo momento non detallaron as condicións de comercialización en Europa) por 499,99 dólares, incluíndo o casco de PlayStation VR, os cables, os auriculares estéreo, un disco con demostracións de realidade virtual, unha PlayStation Camera, un par de mandos de PlayStation Move e o disco de PlayStation VR WORLDS, ou sexa, un completo paquete para poder gozar da realidade virtual dende o primeiro día, sempre que teñamos unha PlayStation 4.
Dado que este proceso de reserva contará cun volume de unidades moi limitado, dende Sony xa adiantan que no verán abrirán outro novo proceso de reservas.
Un lote incluirá cámara e mandos xunto coas PlayStation VR
Compartir Este Artigo
