Ao dar conta Sony onte das novidades que chegarán esta semana á PlayStation Store europea figura unha sorpresa para moitos, xa que o clásico xogo de acción Max Payne de Remedy Entertainment figura como título para PlayStation 4 que se estreará o vindeiro día 22, xogo que xa está dispoñible para PlayStation 3 a un prezo de 9,99 euros, e que tratábase realmente dunha versión emulada do xogo de PlayStation 2, pero desta volta é de esperar que esteamos nunha versión que non se limite a permitir gozar do xogo con gráficos a 1080p, senón que tamén inclúa trofeos, Share Play, uso a distancia e outras funcionalidades propias dos xogos de PS4, como xa fixeron outros xogos de PS2 ao adaptarse á consola da actual xeración.
Por desgraza, e se atendemos a outros xogos editados por Rockstar Games seguindo esta mesma fórmula (como Canis Canem Edit e Manhunt), o máis probable é que Max Payne para PS4 teña un prezo de 14,99 euros, o que pode considerarse unha cantidade bastante elevada para un xogo de 2001, que en plataformas como Steam pode adquirirse por 9,99 euros.
Os xogadores de PS4 poderán gozar do primeiro Max Payne
Compartir Este Artigo
