Mentres Activision leva a súa franquía Call of Duty ao espazo, Electronic Arts prefire volver ás raíces e anuncia que o 21 e outubro lanzará Battlefield 1, shooter que trasladaranos á Primeira Guerra Mundial, o que permitiranos vivir enormes batallas por terra, mar e aire, nas que fará acto de presenza un armamento de grande potencia e eficiencia, que evolucionou a pasos axigantados a partires dese momento no que os tanques, os avións, as ametralladoras, a artillería… elementos que se perfeccionaron nesta épica, e que xogarán un rol importante nas batallas masivas para 64 xogadores.
O Battlefield 1 xa pode reservarse para Xbox One, PlayStation 4 e PC (Origin), pero non será preciso agardar a outubro para probar o xogo, senón que os expertos en Battlefield poderán gozar dunha versión de proba pechada nos vindeiros meses, mentres que o resto de usuarios deberán agardar a unha posterior beta aberta. Cómpre salientar que os socios de EA Access e Origin Access terá un tempo limitado de xogo antes do lanzamento oficial.
Tráiler de presentación de Battlefield 1
