Hoxe botou a andar no recinto de EXPOCoruña unha nova edición de ExpOtaku, a feira sobre a cultura popular e o lecer alternativo de maior participación de toda Galicia, que coa cultura xaponesa como eixe integra actividades moi diversas como obradoiros de manualidades, competicións deportivas, concursos de cosplay, exposicións de figuras de LEGO, e unha grande presenza dos videoxogos, con numerosas consolas de hoxe e onte para o seu uso libre, así como unha chea de torneos que se repartirán durante esta fin de semana.
O
sábado as actividades de videoxogos serían:
11:00 – Obradoiro e torneo de iniciación a Pokemon RO/ZA (N3DS) (Legión Gamer)
12:00 – Torneo de Street Fighter x Tekken (PS3)
13:00 – Torneo de Dragon Ball Xenoverse (PS4) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
14:30 – Torneo de Mario Kart 8 (Wii U)
15:00 – Torneo de Skullgirls (PS4) (Legión Gamer)
15:30 – Obradoiro de Smash Competitivo: Iniciación (Wii U) (Smash Galicia)
16:00 – Torneo de J-Stars Victory Vs (PS4) (Legión Gamer)
16:30 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
17:00 – Torneo de Super Smash Bros: Singles (Wii U) (Smash Galicia)
17:30 – Torneo de Injustice Gods Among Us (PS3) (Legión Gamer)
18:00 – Torneo de Naruto Shippuden (PS4)
19:00 – Torneo de Guilty Gear Xrd (PS3) (Legión Gamer)
Mentres que o domingo teriamos os seguintes torneos de videoxogos:
11:00 – Torneo de Dead or Alive 5 (PS4) (Legión Gamer)
12:00 – Torneo de My Little Pony: Fighting is Magic (PC) (Legión Gamer)
13:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
13:30 – Torneo de FIFA ’16 (PS4) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
14:30 – Torneo de King of Fighters XIII (PS3) (Legión Gamer)
15:00 – Torneo de Super Smash Bros: Teams (Wii U) (Smash Galicia)
16:30 – Torneo de Call of Duty Black Ops 3 (PS4)
17:00 – Torneo de Street Fighter V (PS4) (Legión Gamer)
17:30 – Torneo de Pokemon RO/ZA 20 aniversario (N3DS)
18:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 – Pro (PS3) (Legión Gamer)
Paralelamente tamén hai unha zona dedicada a League of Legends, que mañá albergará un torneo de 5 contra 5 que celebrará as súas semifinais e finais o domingo a partires das 11:00 horas.
A primeira xornada de ExpOtaku contou cunha importante afluencia de público, polo que prevese que un ano máis a xornada do sábado sexa realmente multitudinaria, con milleiros de asistentes de toda Galicia xuntándose para celebrar a oferta de lecer alternativo que achegan este tipo de encontros que conectan especialmente ben coa mocidade que se criou a partires da década dos 90, cando o anime e o manga viviron un grande momento que deixou pegada en varias xeracións.
