O ano pasado Sony sorprendera estreando unha serie televisiva de seu baixo o paraugas da PlayStation Network, Powers, adaptación da banda deseñada do mesmo título, que narra as aventuras dunha división da Policía especializada en delitos relacionados con xente con superpoderes, e que os subscritores do servizo PlayStation Plus poden ver completamente de balde. Aínda que este experimento no conseguiu ter o impacto de series desenvolvidas orixinalmente para servizos en liña (como as series de Netflix ou de Amazon Prime), Sony non quixo dala por perdida, e hoxe mesmo repetiu a xogada e estreou de vez os tres primeiros episodios da serie, accesibles dende a PlayStation Store na súa versión orixinal subtitulada. Prevese que a versión dobrada tarde algunhas semanas en chegar ao servizos en liña de Sony, aínda que a dobraxe si está dispoñible para os usuarios de Movistar+, que tamén teñen acceso a esta serie a través da canle Canal+ Series.
Esta serie televisiva protagonizada por Sharito Copley (Distrito 9) e Susan Heyward, nos papeis dos detectives Christian Walker e Deena Pilgrim, incorpora nesta nova tempada a actores recoñecidos como Michael Madsen, Tricia Helfer ou Wil Wheaton, e incorpora interesantes detalles deste universo de ficción no que os cidadáns teñen que convivir coa ameaza que supón a xente con poderes.
PlayStation Network estrea a segunda tempada de Powers
Compartir Este Artigo
