Aínda que os amantes dos vellos xogos para PC adoren servizos como GOG (Good Old Games), que ofrece os seus produtos a bos prezos e sen DRM (evitando así que a protección anti-copia poida converterse nun atranco de cara a xogar en equipos futuros, como acontece con moitos xogos editados en formato físico no seu día), non podemos esquecer que a plataforma de xogos para PC líder é Steam, resultando moito máis cómoda grazas á súa aplicación que fai irrelevante a conservación nos nosos equipos das copias dos xogos mercados, e conscientes disco dende GOG anuncian un novo programa chamado GOG Connect, que consiste na conexión entre GOG.com e Steam para sincronizar a biblioteca de xogos do usuario nos casos que sexa posible, ou sexa, que un usuario que teña mercado certos xogos en GOG.com non terá que volver adquirilos para gozar dos mesmos a través de Steam.
Polo momento a listaxe de xogos compatibles con GOG Connect é bastante reducida, con títulos como The Witness, FTL: Faster Than Light, The Incredible Adventures of Van Helsing: Final Cut, Galactic Civilizations 3, Trine Enchanted Edition, Saints Row 2, Shadowrun Returns ou The Witcher: Enhanced Edition, aos que se sumarán moitos máis no futuro, aínda que advirten que a relación de xogos dispoñible en GOG Connect non será fixa, senón que mudará regularmente, polo que os usuarios que queiran engadir os xogos que mercaron en GOG á súa conta de Steam deberán estar atentos para poder realizar a operación.
Un novo servizo permite engadir á nosa conta de Steam algúns xogos adquiridos en GOG.com
Compartir Este Artigo
