Tras os problemas iniciais para atender a demanda de unidades do sistema de realidade virtual HTC Vive, o seu fabricante quere explorar novos territorios e anuncia a Vive Business Edition (Vive BE) para atender a demanda de empresas de todo o mundo para empregar a tecnoloxía de realidade virtual en aplicacións comerciais e que estará dispoñible a partires de xuño a un prezo de 1.080 euros (aos que habería que engadir o IVE e os portes), incluíndo unha versión de HTC Vive adaptada a contornos corporativos que, aparte do sistema de realidade virtual competo tamén inclúe licenza comercial, liña de atención ao cliente e garantía limitada de 12 meses. Este modelo tampouco tería limitación de unidades por comprador, sendo incluso posible encargar un grande volume de unidades, de xeito que podería converterse nunha solución moi atinada para desenvolver solucións de realidade virtual para a empresa, onde ten un grande potencial en ámbitos como a arquitectura, a visualización ou o deseño.
As empresas tamén poderán solicitar un servizo de instalación das HTC Vive BE, de xeito que contarán con profesionais que realizarán a complexa instalacións desta solución de realidade virtual á vez que procuran organizar o cableado, que é un dos pesadelos para os usuarios actuais destas solucións que aínda distan moito dunha configuración ideal.
As HTC Vive terán versión para empresas
Compartir Este Artigo

