Para ameazar os petos dos xogadores de PC, a tenda dixital Steam celebra ata o 4 de xullo as súas xa tradicionais rebaixas de verán, con milleiros de títulos a prezos rebaixados o que permite conseguir auténticas gangas difíciles de resistir, como o xogo Assassin’s Creed: Black Flag a 4,99 euros, Left 4 Dead 2 a 3,99 euros, Bioshock Infinite por 7,49 euros, NBA 2K16 por 9,99, a colección coas dúas primeiras entregas de Mass Effect por 6,99 euros, o novo DOOM por 35,99 euros, Fallout 4 por 29,99 euros ou The Witcher III: Wild Hunt por 24,99 euros.
Tamén podemos salientar que a franquía de xogos de LEGO ten descontos de entre o 30 e o 75%, os xogos de Sonic están á venda á metade do seu prezo habitual, os xogos de Call of Duty teñen descontos de entre o 50 e o 67%, a franquía de Assassin’s Creed goza de descontos de entre o 35 e o 75% e incluso podemos mercar a edición definitiva de Sleeping Dogs por só 7,49 euros.
Toda unha impresionante selección de ofertas que convidan a visitar diariamente a tenda en liña de Steam, xa que algunhas das promocións son diarias, de xeito que algúns días poderemos ver ofertas inéditas que tentarán aos xogadores a ampliar a súa colección de títulos descargables.
Steam inicia as rebaixas de verán
Compartir Este Artigo
