Sony non quere que decaian as vendas na súa PlayStation Store no verán, e presenta unha nova escolma de descontos para a fin de semana, que comezan hoxe, e que conta con moitos xogos AAA rebaixados ata o 18 de xullo, e entre os que podemos destacar a grandes xogos como Assassin’s Creed Syndicate por 24,99 euros (64% de desconto), Just Cause 3 a 22,99 euros (ata un 67% de desconto para subscritores de PS Plus), Far Cry Primal a 37,99 euros (45% de desconto) ou incluso Fallout 4 a 34,99 euros (48% de desconto).
Unha boa oportunidade para ampliar a nosa colección de xogos dixitais, que incluso conta con Call of Duty: Black Ops III rebaixado en varias das súas versións ou a edición definitiva de Diablo III: Reaper of Souls cun desconto de ata o 60%.
A PlayStation Store ofrecerá mega descontos esta fin de semana
Compartir Este Artigo
