Aínda que as concentración organizadas para xogar a Pokémon GO están lonxe de conseguir xuntar as masas humanas previstas por algúns, non cesan os intentos de realizar grandes convocatorias, e agora sabemos unha grande quedada coruñesa para o vindeiro día 11 ás 18:00 no Bar Atlántico 57, no Andén de Riazor (a carón do Praia Club), que procura continuar os pasos da quedada organizada na praia de Samil a semana pasada.
Esta nova PokeQuedada animarase coa instalación de cebos no lugar da convocatoria e a realización de sorteos organizados por Isigano.com, confiándose en que xunte a centos de adestradores Pokémon á caza de criaturas para a súa colección.
Convocan unha PokeQuedada na Coruña
Compartir Este Artigo
