Durante o Oculus Connect estivo presente o estudio de videoxogos musicais Harmonix para presentar a súa nova creación, SingSpace, unha nova experiencia de karaoke en realidade virtual, que estará dispoñible en primavera en exclusiva para Samsung Gear VR (casco de realidade virtual baseado en tecnoloxía de Oculus en combinación con smartphones de alta gama de Samsung).
SingSpace é unha curiosa proposta que consiste nun local de karaoke ao que o usuario pode transportarse sen saír do seu fogar para atoparse con amigos e facer novas amizadas, procurando explotar a parte máis social deste tipo de establecementos, aínda que permitindo que os usuarios máis tímidos poidan participar nun modo de xogo indivisual. Como acontece nos karaokes tradicionais, os usuarios poden optar por subir ao escenario a cantar ou simplemente sentarse a escoitar as actuacións doutras persoas. En definitiva, un novo xeito de ir ao karaoke sen ter que saír realmente de casa.
Vídeo de presentación de SingSpace
