Dentro dunha semana chegará ás tendas a Nintendo Classic Mini, unha réplica de dimensións reducidas da consola familiar orixinal de Nintendo, a NES, que está adaptada aos novos tempos (conta con saída HDMI para poder funcionar en televisores actuais) e inclúe 30 xogos precargados que poden considerarse os máis representativos desta máquina, que convértese así nun agasallo ideal para os nostálxicos, polo que prevese que sexa un dos produtos que teña unhas maiores vendas durante o que resta de ano, de aí que pareza bastante intelixente aproveitar a situación para comercializar un accesorio que corrixa unha das grandes eivas deste novo produto: o seu mando funciona mediante cable.
Deste xeito, os que se fagan coa Nintendo Classic Mini e queiran poder xogar se cables terán un interesante accesorio de Nyko que sairá á venda ao mesmo tempo que a nova consola: o mando Miniboss. Este accesorio consiste nun mando que replica a disposición de botóns da NES orixinal, e comunícase coa nova consola en miniatura sen fíos valéndose dun receptor incluído que establece unha comunicación entre a consola e o mando ata a 9 metros de distancia, de xeito que non será preciso pegarse ao televisor para botar unha partida a Super Mario Bros., Donkey Kong ou The Legend of Zelda.
O prezo de venda do mando Miniboss será de 19,99 dólares (18 euros) e polo momento ten confirmada a súa distribución nos EE.UU. a través da páxina web do fabricante, en Amazon e nas tendas de GameStop, descoñecéndose se será doado de conseguir en España (aínda que parece que será así ante a elevada previsión de vendas da Nintendo Classic Mini).
Un mando permitirá xogar sen fíos á Nintendo Classic Mini
Compartir Este Artigo
