Ubisoft pon hoxe á venda un prometedor xogo de deportes extremos de inverno, Steep, que convídanos a explorar montañas coma se fose un mundo aberto no que decidiremos se queremos percorrer nunha táboa de snow, esquiando, nun traxe de ás ou en parapente, de xeito que cada xogador decidirá como crear a súa propia experiencia, para o que tamén hai varios estilos de xogos a escoller: Explorer, Bone Collector, Freerider, Extreme Rider, Freestyler e Pro Rider.
Os xogadores poderán desbloquear puntos a medida que progresan, e localizar outros, de xeito que poden localizarse e desbloquearse zonas de salto e novos desafíos para así ir enriquecendo este xogo que podemos gozar en Xbox One, PlayStation 4 e PC, á venda por 69,99 euros en consola e 59,99 euros en ordenador.
Steep permite gozar da neve en localizacións que van dende os Alpes ata Alaska, instando aos xogadores a realizar fazañas que gravar e logo poder compartir con outros usuarios, socializando esta experiencia de montaña que sorprende a moitos afeitos a que este tipo de xogos adopten un formato máis arcade.
Vídeo promocional de Steep

