Hoxe a serie de xogos de Ultimate Ninja Storm chega á súa fin co lanzamento de Naruto Shippuden: Ultimate Ninja Storm 4: Road to Boruto, un lote que inclúe o xogo Naruto Shippuden: Ultimate Ninja Storm 4 xunto cos seus contidos descargables aos que se engade a aventura Road to Boruto, que contén horas de xogo enfocadas nunha historia protagonizada polo fillo de Naruto como parte dunha nova xeración de ninjas.
Este xogo está xa dispoñible para Xbox One, PlayStation 4, e PC (Steam) a uns 50 euros (o que supón unha rebaixa dun 35% fronte a compra de todos os contidos por separado) e permite tanto gozar da historia final das aventuras de Naruto (que gozarán especialmente os seareiros da serie xaponesa de animación) como gozar do xogo para varios xogadores en rede.
Coa nova expansión que se incorpora ao xogo temos os feitos que se narran en Boruto: Naruto The Movie, o que permítenos ver ao fillo de Naruto facendo todo o posible para superar o exame chunin e enfrontarse a un novo perigo. Como novos personaxes teremos a Boruto, Sarada e Mitsuki, e tamén será posible dominar novas técnicas secretas de combinación.
Tráiler da expansión que pecha as aventuras de Naruto
