Continúa a chegada con contagotas a Xbox One dos xogos da serie ACA NEOGEO que permiten que en consolas de videoxogos actuais podamos gozar de clásicos que arrasaron nos salóns recreativos nos anos 90, e o último en recibir tal tratamento é The King of Fighters ’94, xogo de SNK que podemos agora adquirir por 6,99 euros, e que destacaba por mesturar a personaxes de Fatal Fury e Ikari Warriors e enfrontalos en combates de 3 contra 3, dando pé a unha saga que sería das que máis éxito tiveron en Neo-Geo e, de feito, a serie aínda está moi viva, estreando a súa última entrega, The King of Fighters XIV o pasado verán.
A versión ACA NEOGEO de The King of Fighters ’94 é unha reprodución fiel da máquina recreativa orixinal, permitindo axustar o seu nivel de dificultade e o seu xeito de visualización (permitindo reproducir a atmosfera dos recreativos) e contando tamén con modo multixogador local.
O clásico The King of Fighters ’94 chega a Xbox One
Compartir Este Artigo
