Esta semana os xogadores de Xbox One poderán beneficiarse dunha serie de ofertas moi interesantes na tenda dixital de Xbox, na que numerosos xogos teñen importantes descontos ata o día 20, entre os que hai bastante xogos de primeira fila e, especialmente, unha boa selección de títulos editados por Ubisoft, aínda que cómpre salientar que algunhas das ofertas están restrinxidas a subscritores Gold.
Temos así unha magnífica oportunidade para facernos con xogos da franquía Assassin’s Creed, que teñen descontos de entre o 40 e o 67% (por exemplo, o lote de xogos Assassin’s Creed: Black Flag, Assassin’s Creed: Unity e Assassin’s Credd: Syndicate ten un prezo de só 33 euros), Far Cry 4 pode mercarse por só 12 euros, prezo que tamén ten estes días Rayman Legends; o recente Steep pode mercarse por 35 euros; e, no caso de contar cunha subscrición Gold, tamén podemos acceder aos títulos excluisvos Gears of War 4 por 32,49 euros, ReCore por 19,99 euros e a Quantum Break por 26 euros, entre outras moitas ofertas que deixan claro que estamos en tempada baixa, de aí que as compañías lancen interesantes ofertas para manter certo nivel de vendas.
A Xbox One ten numerosos xogos de Ubisoft nas súas ofertas desta semana
Compartir Este Artigo
