A compra de produtos en formato dixital é todo un risco, xa que realmente non se realiza unha compra real, senón a subscrición dun servizo, de xeito que se a tenda pecha perdemos os produtos adquiridos na mesma, incluso en certos casos nos que facilítase a descarga sen DRM dos contidos (xa que no casos de programas informáticos iso non garante a súa execución futura) e como proba de que este risco é moi real tempo agora que a tenda en liña de videoxogos de DotEmu bota o peche tras 6 anos de actividade, para desgraza de moitos amantes dos xogos retro, que perden así unha plataforma de adquisición legal que non foi quen de soportar a competencia de plataformas como Steam, GOG ou a propia Humble Store.
Actualmente xa non é posible mercar xogos na tenda dixital de DotEmu, instándose aos usuarios que xa compraran algún que acudan a este espazo en liña para descargar os xogos que adquirisen no pasado, xa que o vindeiro 1 de xuño a tenda pechará permanentemente, de xeito que xa non estará dispoñible en liña e os usuarios perderán o dereito de descargar os xogos que mercasen nos últimos anos.
Aínda que DotEmu peche a súa tenda en liña parece que continuará a operar como empresa editora e desenvolvedora de videoxogos con sede en París, que non só centra a súa actividade no PC, senón que tamén ten publicado remakes de numerosos clásicos para dispositivos móbiles como Pang Adventures, Double Dragon Trilogy, R-TYPE, Another World, Gobliiins Trilogy ou Karateka Classic.
DotEmu pecha a súa tenda dixital de videoxogos
Compartir Este Artigo
