Non é a primeira vez que os xogos de THQ chegan a un Humble Bundle para achegar fondos a causas solidarias, pero anteriormente falábamos de títulos para PC que podían canxearse a través de Steam e agora sorprenden cun importante lote de xogos que poderán engadirse á nosa colección na PlayStation Store, polo que poderemos descargalos na PlayStation 3 ou PlayStation 4 (en función do xogo), o que abre esta campaña a un impresionante número de xogadores que normalmente non amosan interese por estas campañas. Desta volta, achegando a partires de 15 dólares podemos ter xogos por valor de 334 dólares, deixando claro que estamos ante unha oferta moi gorentosa.
Os usuarios que aporten a partires de 1 dólar á campaña recibirán 5 xogos de PlayStation 4 (The Book of Unwritten Tales 2, Red Faction, Super Dungeon Bros, Deponia e ArcaniA: The Complete Tale), mentres que os que acheguen máis da media (10,57 euros no momento de escribir estas liñas) poderán facerse con 3 xogos para PlayStation 4 (Battle Worlds: Kronos, Destroy All Humans! e Destroy All Humans! 2) e Legend of Kay Anniversary para PS3 e PS4.
O lote completo chegará a quen achegue a partires de 14,07 euros, que recibirá, xunto cos anteriores títulos, os xogos de PS4 MX vs. ATV Supercross Encore, Darksiders Warmastered e Darksiders II Deathinitive Edition e as súas versións básicas para PS4.
Actualmente Darksiders II para PS4 xa tería un prezo de 29,99 euros, polo que os interesados en introducirse a esta saga ten unha excelente oportunidade no Humble THQ Nordiq PlayStation Bundle que manterase activo durante as vindeiras dúas semanas.
THQ sorprende cun lote solidario de xogos para PlayStation 4
Compartir Este Artigo
