A 20ª edición de Galiciencia céntrase na neurociencia e a saúde mental
martes, 13 de maio do 2025
Promover o talento innovador e emprendedor entre a mocidade é o obxectivo de Galiciencia, a maior feira cientÃfica da nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (sociedade participada pola Xunta de Galicia). Cómpre dicir que este encontro, encamiñado a alumnado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato, dará comezo mañá e desenvolverase ao longo de tres dÃas en colaboración coa ConsellerÃa de EconomÃa e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Galiciencia está de aniversario, este ano celebra o seu 20 aniversario, a xeito de repaso dicir que ao longo destas dúas décadas pasaron polo certame máis de 46.000 visitantes, presentáronse máis de 1200 proxectos e en cada edición contouse coa participación de 40 centros de toda Galicia e doutras comunidades.
Desta volta, na que tamén se pode participar en liña, Galiciencia preséntase baixo o lema: Neurociencia e saúde mental, un tema que afecta e preocupa cada vez máis ao conxunto da poboación. Con proxectos vencellados a este e outros temas van participar uns 225 rapaces e rapazas de 46 centros de toda Galicia, Euskadi, Cataluña, AndalucÃa e Canarias. Amais, asistirán á feira con visitas organizadas unhas 2000 persoas.
Nesta edición seleccionáronse un total de 115 proxectos. De maneira presencial concorren 50 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP (que serán os que compitan polo premio final) e 30 de Primaria. De xeito online participan 35 propostas. As diferentes actividades, tanto presenciais como en liña, convocarán este ano a máis de 3.500 participantes.
Ao longo destes tres dÃas os equipos seleccionados amosarán os seus traballos cientÃficos nos stands da feira. Explicarán as súas propostas ao público visitante, ensinándolles os seus prototipos, experimentos e resultados. O primeiro premio está dotado con 1.000 euros para financiar a participación na maior feira cientÃfica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá 500 euros, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao. En canto ao equipo gañador do terceiro premio, este recibirá 200 euros para a compra de material cientÃfico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.
Alén disto, premiarase á mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, a proposta co método cientÃfico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto dentro da temática Neurociencia e saúde mental, a mellor proposta de FP, asà como o mellor traballo liderado por unha nena ou coa temática relacionada coa igualdade de xénero (en liña co afán de Tecnópole de promocionar o STEM feminino).
Galardoarase tamén o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os participantes en liña.
Engadir que, como é costume, a feira complementarase con actividades que buscan achegar a ciencia e a tecnoloxÃa aos máis novos de xeito práctico e divertido: realizaranse obradoiros cientÃficos, espectáculos de ciencia, concursos diversos e un programa de radio.
O xoves 15 de maio celebrarase a final do DesafÃo cientÃfico Atrévete coa mente. Durante os últimos meses alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia participou nunha primeira fase online que constaba de tres retos. Os finalistas enfrontaranse agora nesta derradeira fase, que será presencial.