A 5G chega a todos os clientes de Simyo

luns, 5 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

No mes de novembro o operador de baixo custo de Orange, Simyo, activou nas súas redes as tecnoloxías VoLTE e WoWiFi, conseguindo chamadas de máis calidade para os seus clientes, e agora completa a súa actualización tecnolóxica para achegar a todos os seus clientes conectividade 5G.
A partir de agora os clientes de contrato e prepagamento de Simyo poderán gozar de conectividade 5G sen custo adicional, sempre que conte cun smartphone compatible con esta tecnoloxía e estean nunha das zonas con cobertura.

Mapa de cobertura de Simyo

PUBLICIDADE