A 5G de Orange chega a 295 cidades españolas
mércores, 17 de marzo do 2021
O operador de telecomunicacións Orange está a facer balance
do despregamento da súa rede móbil 5G, asegurando que chega xa a
295 de 38 provincias, o que aseguran que serÃa preto do 23% de cobertura poboacional,
prevendo que a nova rede móbil chegue a máis de 400 cidades a finais do presente
ano, co que chegarÃan ao 51% da poboación. A intención do operador é chegar ao
90% da poboación española en 2022.
Cómpre salientar que chegar coa 5G a unha cidade é ter cobertura de 5G en toda
a cidade son cousas totalmente diferentes e, por exemplo, nas cidades galegas a
cobertura de 5G é moi limitada. En contraste temos que a rede 5G de Orange si chegou
a vilas como O Grove, VilagarcÃa de Arousa, o Grove ou Sanxenxo e outras zonas
costeiras, dando a impresión de que a compañÃa busca que territorios con grande
incremento de poboación no verán poidan beneficiarse das bondades da nova
xeración de telefonÃa móbil.

- No mapa de cobertura de Orange podemos comprobar que a cobertura da 5G nas cidades galegas é aÃnda moi limitada
