A 6ª edición de RetroCoruña terá lugar o 13 de decembro
venres, 14 de novembro do 2014
A feira
RetroCoruña chegará este ano á súa 6º edición no Pavillón Municipal de
Sada, pero mudando a súa data do verán até o mes de decembro, de xeito que este
ano os amantes da informática clásica daranse cita o sábado 13 de 11:00 a 21:00
horas.
Esta nova edición do encontro sadense celebra os 30 anos do xogo Tetris (como pode verse no seu cartel
oficial) e tamén dos ordenadores Mactintosh, de aà que Antonio RodrÃguez da
Asociación de Usuarios de Informática Clásica (AUIC) vaia impartir unha charla
co tÃtulo El camino hacia el Macintosh,
no que fará un achegamento ao mundo Mac orixinal, cando Apple aÃnda non se
metera no mundo da electrónica de consumo.
Como en edicións anteriores, o evento destaca pola súa zona de exposición, na
que xa confirmaron a súa presenza Clone Computers, JoJo073, HTDreams, Caramel
Cute Shop, Comunidad Ociorum, Hipsilon, La Retrocaverna, Web8Bits, a AUIC e o
estudio galego de videoxogos Akkad Studios.
Como novidade inaugurarase unha Zona PC na que poderanse lembrar os videoxogos
clásicos que puideron gozarse nos primeiros ordenadores persoais, que van dende
o Duke Nukem e Prince of Persia, até os tÃtulos de Lucasfilm como Maniac Mansion ou X-Wing.
Tamén teñen previsto organizar unha Counter
Strike LAN Party da que darán conta nas vindeiras semanas.
- RetroCoruña contra tradicionalmente cunha completa área de exposicións