A 7ª edición do Enreguéifate pecha o prazo de inscrición con récord de regueifas na Rede
luns, 4 de marzo do 2024
A regueifa é unha cantiga improvisada e diso vai a sétima edición do Enreguéifate, de improvisar e asà o terán que facer os inscritos a este certame, que vén de bater récord de participación, pois logo de pecharse o prazo de inscrición son un total de 56 vÃdeos recibidos, 47 deles na categorÃa escolar e 9 na xeral. Entre elas, regueifas chegadas dende todos os recunchos das catro provincias galegas (Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilalba, A Coruña, Viana do Bolo, Melide, Vila de Cruces ou Dodro, entre outros municipios) que xa poden verse na canle de Youtube e na web do certame.
Temos madeira regueifeira! era o lema elixido para este Enreguéifate e hoxe mesmo, luns 4 de marzo, comeza a fase de votación do xurado, que está composto por: Carme Pereiro (normalizadora lingüÃstica do Concello de Carballo), Fátima Souto (do Servizo de Normalización LingüÃstica do Concello de Ames), Manolo Maseda (mestre, músico e regueifeiro) e Séchu Sende (mestre, escritor e regueifeiro).
Como en anteriores edicións, hai seis regueipremios para cada unha das dúas categorÃas (xeral e escolar): regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.
Os vÃdeos galardoados comunicaranse ás persoas gañadoras e anunciaranse a partir do 11 de marzo a través das redes sociais do Enreguéifate. O mércores, 3 de abril, terá lugar a gala de entrega de premios no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos Servizos e Departamentos de Normalización LingüÃstica dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoian a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuÃr, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Deste xeito, e á par do certame de regueifas en vÃdeo, dende o mes de outubro de 2023 e até o pasado mes de febreiro, desenvolvéronse un cento de obradoiros de improvisación oral destinados ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e da ESO de preto de corenta centros educativos dos concellos impulsores.