A AEPD impón unha sanción de 1,2 millóns de euros a Facebook
luns, 11 de setembro do 2017
A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ditou unha
resolución no procedemento iniciado contra Facebook para analizar se os
tratamentos de datos que realiza a plataforma social axustábanse á normativa de
protección de datos, no que detectaron 2 infraccións graves e unha moi grave da
Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) polo que impoñen
a Facebook unha sanción total de 1,2 millóns de euros (300.000 euros polas
dúas primeiras e 600.000 euros pola última), que serÃa a meirande sanción
imposta nunca pola AEPD.
A Axencia constatou que Facebook recolle datos de ideoloxÃa, sexo, crenzas,
gustos e navegación sen informar claramente do seu uso e finalidade.
Precisamente entre estes usos serÃa o publicitario, para o que Facebook non
obtén consentimento expreso como esixe a Lei, polo que estarÃan a cometer unha
infracción moi grave.
A AEPD tamén confirmou que os usuarios non reciben información do que se fai
cos datos obtidos a través de cookies, que nalgúns casos son para publicidade,
pero noutros o seu uso está declarado como segredo pola compañÃa. Amais,
Facebook tamén recolle datos de páxinas de terceiros que conteñen o botón de gústame de Facebook, polo que obteñen
información de internautas que non son usuarios de Facebook.
Facebook tampouco contarÃa cunha polÃtica de privacidade clara, pois a súa
redacción contén expresións xenéricas e pouco claras (estando tamén bastante
agochada tal información) e fai unha referencia pouco precisa sobre o uso de
datos que vai facer. Enténdese asà que Facebook comete unha infracción grave ao
non obter o consentimento dos usuarios da Facebook (e os que non o son) para o
tratamento dos seus datos.
A outra infracción grave corresponderÃa ao feito de que Facebook non elimina a
información recollida sobre os hábitos de navegación dos usuarios, nin sequera
tras a solicitude do usuario.
