A AETG asina un acordo de colaboración co SabadellGallego

mércores, 15 de maio do 2019 Redacción

Esta mañá, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) asinou un acordo de colaboración co SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) coa finalidade de facilitar aos seus asociados aqueles produtos e servizos da entidade bancaria en condicións especiais para o colectivo profesional de enxeñeiros de telecomunicación.
O acordo foi asinado polo presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo e por Manuel Prol Cid, director de Colectivos Profesionais e Sabadell Colaboradores co obxectivo de instrumentar e regular a colaboración en beneficio do colectivo de asociados. Por parte da AETG na sinatura estiveron tamén presentes Ricardo Fernández, secretario da AETG e Fernando J. Miranda, director de colectivos profesionais do SabadellGallego.
En virtude deste acordo, SabadellGallego pon ao dispor dos asociados da AETG un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados.
Pola súa banda, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, aumenta a súa oferta de servizos para que os colexiados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e a un asesoramento financeiro personalizado en financiamento, liñas subvencionadas, renting, produtos de aforro, etc.

PUBLICIDADE