A AMTEGA convoca máis de 1.300 prazas para facerse coa certificación galega en competencias dixitais
venres, 21 de febreiro do 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba hoxe a convocatoria de 1.360 prazas de carácter libre para obter a certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación) por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Sinalar que as inscricións poderán realizarse desde o 22 de febreiro e até o 28 de febreiro mediante a Rede CeMIT.
Cómpre dicir que esta convocatoria está dirixida a toda a cidadanÃa e ten como obxectivo acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes precisas para empregar as tecnoloxÃas dixitais (ben a
nivel persoal, social ou profesional). O exames realizaranse os dÃas 2, 3 e 4 de abril. Os lugares, datas e horarios poden consultarse na páxina web da rede CeMIT, na que figuran as datas das probas presenciais en 50 concellos de Galicia.
Engadir que finalizado o prazo de inscrición, no caso de que existan máis persoas solicitantes que prazas convocadas, realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para adxudicar as mesmas.
As ditas probas de certificación compleméntanse coa publicación na plataforma de teleformación da rede CeMIT de contidos formativos en liña, que abranguen as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Por último, informar que para obter o ComDix Iniciación é preciso superar un cuestionario de 60-70 preguntas tipo test que inclúe a avaliación das 21 competencias que establece o Marco Galego ComDix.