A AMTEGA explicou o seu modelo de xestión da tecnoloxÃa a empresas latinoamericanas
mércores, 12 de marzo do 2025
O director da AMTEGA, Julián Cerviño, participou esta mañá nun encontro cunha quincena de responsables tecnolóxicos de empresas e institucións de México, Colombia e República Dominicana, asà como co Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID), organizado polo Clúster TIC de Galicia no marco dunha misión tecnolóxica inversa, que busca amosar o potencial tecnolóxico da Comunidade e establecer pontes de colaboración internacionais.
O obxectivo da xuntanza, celebrada no GaiásTech, foi dar a coñecer o modelo de xestión da tecnoloxÃa e as grandes liñas de actuación da Administración autonómica para impulsar a transformación dixital de Galicia.
O director da AMTEGA explicou como o Goberno galego decidiu concentrar nun único órgano a xestión das polÃticas tecnolóxicas e creou a AMTEGA en 2012. Desde entón, puxéronse en marcha tres axendas dixitais, que investiron preto de 2.900 millóns de euros, entre capital público e privado, en iniciativas para dixitalizar os servizos públicos, mellorar a conectividade e impulsar a capacitación dixital da sociedade.
Julián Cerviño sinalou que, tras avanzar na dixitalización, Galicia aposta pola especialización tecnolóxica, como recolle a actual Estratexia Galicia Dixital 20230. AsÃ, destacou algúns dos proxectos singulares que se están a desenvolver baixo esta premisa como a Estratexia Intelixente do Dato, a Estratexia Cloud ou a automatización no ámbito da Administración dixital, e outros como o novo modelo dixital de atención sociosanitaria, o xemelgo dixital de Galicia ou a rede de nodos de especialización en 5G, IA e Ciberseguridade.
Ademais, o director da Axencia destacou as iniciativas pioneiras de Galicia no ámbito da intelixencia artificial como ser a primeira comunidade que contará cunha Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial no seu territorio; estar, tamén, entre as primeiras que aprobaron unha Estratexia de IA e acadar a sede da AESIA.
