A APG presenta o número 10 de Comunica, centrado na innovación na comunicación
martes, 9 de decembro do 2025
A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) presentou hoxe en Santiago de Compostela o número 10 da revista Comunica, dedicado ao estado da innovación na comunicación en Galicia. No acto participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o director institucional territorial noroeste do Banco Sabadell, Adolfo GarcÃa-Ciaño; a presidenta da APG, MarÃa Méndez; e o catedrático da USC e director do informe monográfico, Francisco Campos Freire.
Durante a presentación, López Campos puxo o acento no papel decisivo que están chamadas a desempeñar as novas tecnoloxÃas nas transformacións sociais, económicas e culturais, e animou «a tirar proveito dos retos que estas poden supor como oportunidades creativas». O titular de Cultura gabou a revista por «combinar rigor cientÃfico cun ton divulgativo, a través dun xornalismo útil» e considerou especialmente acaÃdo o enfoque desta edición: «pór o foco nas novas tecnoloxÃas» nun momento no que, segundo subliñou, «ningún estrato pode quedar á marxe, tampouco o cultural». Nesa mesma liña avanzou que a Xunta poñerá en marcha no segundo semestre de 2026 o Centro de artes dixitais de Galicia na Cidade da Cultura, «o que suporá situar a nosa Comunidade tamén na primeira liña neste ámbito», celebrou.
A nova edición de Comunica inclúe o informe O estado da innovación na comunicación en Galicia, elaborado pola APG en colaboración coa Xunta, a Universidade de Santiago e o Banco Sabadell. O estudo ofrece unha análise diacrónica dos procesos innovadores nos medios galegos —prensa, radio, televisión e formatos dixitais— e noutras expresións comunicativas como a ficción audiovisual, a dobraxe, o teatro, a música, a publicidade, a comunicación institucional, a fotografÃa ou o deseño gráfico.
MarÃa Méndez destacou que o proxecto naceu para mostrar que «a historia e o futuro da comunicación en Galicia están sementados da implementación de novas ideas» e que agora requiren «un maior respaldo das polÃticas públicas». Pola súa banda, Francisco Campos lembrou o peso das industrias culturais, da comunicación e das TIC, que representan máis do 2 % do PIB galego, con máis de dez mil empresas e unha facturación superior aos mil cincocentos millóns de euros en 2024, cifras equiparables ás da Unión Europea.
Entre as principais conclusións, o informe identifica como retos centrais a transición dixital e o aproveitamento da revolución da intelixencia artificial. Propón planificar un mapeo da estrutura económica e produtiva das industrias culturais e creativas (ICC) galegas para orientar decisións estratéxicas no perÃodo 2025-2050 e reclama polÃticas públicas que non sexan alleas ás oportunidades de renovación das ICC, dada a súa relevancia económica e simbólica para Galicia. O documento salienta tamén a necesidade de reforzar a alfabetización dixital, impulsar o emprendemento creativo, actualizar os sistemas de formación e promover maior interoperabilidade nos servizos públicos para garantir o acceso universal, especialmente da poboación de maior idade.
O estudo aposta igualmente por reactivar dinámicas de colaboración profesional, analizar a creación dun fondo de capital-risco cultural e mediático, impulsar programas de inmersión en IA para profesionais do sector, recuperar arquivos e contidos mediante ferramentas dixitais e fomentar a plataformización de servizos OTT para multiplicar a visibilidade das ICC galegas nas redes sociais. Ademais, destaca a importancia de proxectar territorialmente marcas como Galicia Calidade e Xacobeo, asà como de preservar a diplomacia cultural como elemento distintivo da identidade galega.
O número 10 de Comunica constitúe asà un chamamento a aproveitar as posibilidades que ofrece a innovación para fortalecer un ecosistema cultural e comunicativo en transformación, nun contexto no que a Xunta reivindica o papel estratéxico das tecnoloxÃas emerxentes e prepara novas infraestruturas para situar Galicia na vangarda das artes dixitais.
