A App Store celebra o seu quinto aniversario con aplicacións de balde
luns, 8 de xullo do 2013- Traktor JD é unha aplicación de grande éxito para iPad que estes dÃas pode descargarse de balde
Atendendo ás demandas do mercado, en 2008 Apple presentou un
kit de desenvolvemento de aplicacións para o iPhone que permitirÃa crear
aplicacións para o dispositivo de moda do momento e distribuÃlas a través
dunha tenda de aplicacións que finalmente converteuse en todo un fenómeno que
esta semana celebra o seu quinto aniversario, o que agradecerán moitos
usuarios, posto que a festa consisten en ofrecer numerosas aplicacións de
grande éxito e calidade totalmente de balde como a popular aplicación
para iPad Traktor DJ, que achega a experiencia de pinchar discos ao tablet
de Apple.
- Tiny Wings nas súas versións para iPhone e iPad tamén está entre os xogos que se ofrecen de balde estes dÃas
Outras aplicacións que tamén están temporalmente de balde son Day One Journal, Over, Barefoot World Atlas, How to cook everything, Map My Ride + e Knots 3D; aÃnda que a cousa non se limita ás ferramentas para iOS, senón que tamén beneficia aos xogos, podendo descargarse de balde algúns dos tÃtulos de máis sona como Tiny Wings (e Tiny Wings HD), Badland, Sword & Sworcery, Infitiny Blade 2 e Where’s My Water, aos que se suman outros tÃtulos como Groove Coasters Zero, The Idiot Test 3, Pig Shot, Glow Puzzle, Real Steel, Sentinel 2: Earth Defense, Sentinel 3: Home World e War of Reproduction.