A Asociación Empresarial do Tambre e a Policía Nacional informan ás empresas dos ciberdelitos máis actuais
xoves, 24 de outubro do 2024
Dende a Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), en colaboración coa Policía Nacional, alertan aos seus máis de 400 asociados e asociadas un documento informativo sobre os principais ciberdelitos que se están a cometer arestora no eido empresarial. No dito informe, elaborado pola Policía Nacional, recóllense os principais tipos delituosos que teñen por obxecto o ámbito empresarial, onde se mesturan ataques informáticos e enxeñaría social. Esta última é unha técnica empregada polos ciberdelincuentes coa que, mediante unha manipulación psicolóxica e ou engano, se consegue que as súas vítimas revelen información confidencial ou leven a cabo calquera acción que beneficie ao ciberdelincuente, como revelar información confidencial ou instalar software malicioso.
Deste xeito, a Policía Nacional sinala que se trata do método de ataque máis sinxelo, ou menos arriscado para o atacante e un dous máis efectivos.
Os xeitos de actuar máis frecuentes son: o fraude do CEO, ou enganar aos empregados que teñen acceso aos recursos económicos da empresa para que paguen unha factura falsa ou fagan unha transferencia; o business email compromise ou correo electrónico corporativo comprometido que os atacantes comprometen; o ransomware, ou secuestro de información, un tipo de software malicioso (malware) que consegue cifrar todo o contido da rede corporativa; a falsa chamada do “xefe ou xefa”, neste caso a empresa recibe unha chamada telefónica na que o seu interlocutor semella ser o xefe ou xefa e informa de que un paquete debe ser entregado, hai que pasar un imposto, recoller unha notificación ou circunstancias semellantes.