A Asociación PuntoGal supera os 6.000 apoios individuais
martes, 5 de xuño do 2007
A campaña de recollida de sinaturas individuais
para respaldar a iniciativa da Asociación PuntoGal para conseguir un dominio para a cultura e a lingua galegas continúa con forza superando
as 6.000 adhesións.
En 5 meses o rexistro
de sinaturas chegou ás 6.046 entradas, o que indica que o apoio a esta iniciativa é moi importante dentro da sociedade galega, con institucións, colectivos e asociacións dando soporte dende os primeiros pasos, polo que agora se continúa a buscar a adhesión persoal para incrementar o peso da campaña, que se pretende que sexa o máis representativa da nosa cultura como sexa posible.