A Aula AMTIC de Ames oferta novos cursos entre os meses de abril e xuño
venres, 20 de marzo do 2026
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a aula AMTIC, organiza para os meses de abril, maio e xuño dúas actividades para persoas adultas e outras dúas para nenos e nenas, co obxectivo de formar á veciñanza en cuestións de Ãndole informática e dixital.
O programa comezará o vindeiro mércores 1 de abril co curso Ofimática, orientado a usuarios e usuarias adultas. Nesta formación continuada, as persoas participantes aprenderán a utilizar aplicacións dixitais e en liña para a comunicación, creación de contidos e xestión de tarefas cotiás e prácticas con facilidade.
Iniciaranse no uso das principais aplicacións de LibreOffice para crear, editar e dar formato a documentos, follas de cálculo ou presentacións, adquirindo competencias básicas para o ámbito persoal e profesional. O curso impartirase ata o 25 de xuño, os mércores e xoves de 10.00 a 12.00 horas.
O dÃa 9 de abril, e paralelamente, arrancará o curso Aplicacións para a vida persoal e profesional. Esta formación abordará a utilización de ferramentas en liña de organización de tarefas persoais e vÃas de comunicación mediante a rede. Ademais, tratarase a xestión de aspectos da vida persoal e profesional dos usuarios e usuarias.
É por iso, que as persoas participantes aprenderán, nesta formación, a crear o seu propio CV, a editar imaxes e vÃdeos de maneira eficiente, a compartir e converter arquivos ou a facer videoconferencias. Todo, co obxectivo de adquirir competencias dixitais básicas para organizar o traballo, buscar emprego e xestionar tarefas profesionais. A actividade impartirase ata o 26 de xuño, os xoves e venres de 17.30 a 19.30 horas.
Formación para os cativos e cativas
Durante estes tres meses, a Aula AMTIC tamén oferta cursos para os nenos e nenas. O primeiro deles será Zona de xogos, do 15 de abril ao 27 de maio, os mércores en horario de 17.30 a 18.30 horas. Est actividade ensinaralles a aprender xogando e a pensar creando. Abordarase cuestións como a estratexia, a cooperación e os retos dixitais, cos videoxogos como ferramenta.
Ademais, o xoves 30 de abril en horario de 17.30 a 19.00 horas, impartirase un obradoiro de postais temáticas para o DÃa da Nai. Nesta xornada, os nenos e nenas participantes aprenderán a deseñar e crear postais cheas de creatividade para esta conmemoración, que se celebra a primeira fin de semana do mes de maio. Toda a formación será conducida a través da aplicación de deseño Canva.
