A Aula AMTIC de Milladoiro oferta novos cursos de formación para os meses de abril e maio
martes, 1 de abril do 2025
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) oferta unha nova programación de cursos para abril e maio, con clases dirixidas tanto a adultos coma para menores. As temáticas destes cursos abranguen contidos moi amplos e útiles para o mundo dixital, no caso dos adultos, dende a aprendizaxe básica do teléfono móbil, as utilidades de Internet na nosa vida diaria ata o uso das aplicacións de Writer e Calc de LibreOffice, e no caso dos menores, un uso de ferramentas do Scratch e Pixelart! ou tamén mecanografÃa.
A primeira das formacións dirixidas a adultos é Internet para a vida cotiá, que se impartirá os vindeiros dÃas 23, 24 e 30 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Nestas sesións, os participantes poderán adquirir os fundamentos iniciais para navegar en Internet de forma segura e eficiente, realizar trámites a través da Rede ou aplicacións de lecer.
Por outra banda, tamén se ofrece unha formación de uso do móbil para a vida cotiá, na que o alumnado poderá adquirir coñecementos para mellorar ou optimizar o uso deste dispositivo na súa rutina diaria, dende as funcións básicas que ofrece un móbil ata toda a oferta de aplicacións e trámites que podemos realizar a través del. A formación impartirase os dÃas 14, 15, 21 e 22 de maio, en horario de 10.00 a 12.00 horas.
O último dos cursos planificados pola AMTIC neste inicio de primavera é unha formación das aplicacións de Writer e Calc do paquete de ofimática LibreOffice, que se impartirá os todos os mércores e xoves desde o 23 de abril ata o 22 de maio, en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación, os participantes coñeceran ao longo destas sesións todas as posibilidades e ferramentas que ofrecen estas dúas aplicacións de ofimática para a elaboración de documentos de texto, no caso de Writer, e o cálculo e representación de datos, no caso de Calc.
Para os máis pequenos da casa, a Aula AMTIC oferta dúas formacións. A primeira delas é un curso de mecanografÃa para os menores a partir de 10 anos. Na formación, o alumnado empregará diferentes programas dixitais para practicar esta habilidade e coller unha maior soltura á hora de escribir no ordenador. O curso impartirase todos os venres desde o 11 de abril ata o 23 de maio, en horario de 17.15 a 18.45.
Por outra banda, organizan para os dÃas 14, 15 e 16 de abril (Semana Santa), unha formación cos programas creativos Scratch e PixelArt, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Nestas sesións, dirixidas para nenos e nenas a partir de 7 anos, o alumnado adquirirá un primeiro contacto co mundo da programación, a través do uso da ferramenta de programación Scratch, e tamén da creación de arte dixital, neste caso coa aplicación PixelArt.
As persoas interesadas en participar en calquera dos cursos formativos da AMTIC para os meses de abril e maio, tanto adultos coma menores, poderán completar a súa inscrición enviando a ficha cuberta, que se pode descargar na ligazón habilitada, ao enderezo electrónico de informatica.milladoiro@gmail.com, de forma presencial na aula de luns a venres en horario de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 20.00 horas ou chamando ao número de teléfono 674 594 843.