A Aula AMTIC do Milladoiro oferta novos cursos de formación para este mes de xuño
martes, 3 de xuño do 2025
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de xuño novos cursos formativos: tres dirixidos para persoas adultas e un para menores.
Os contidos dos cursos para adultos abranguen amplas ramas, dende ofimática ata o uso de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais no noso dÃa a dÃa. En canto o curso de menores, o principal obxectivo é que a rapazada desenvolva a creatividade e pensamento lóxico a través do uso da tecnoloxÃa dun xeito lúdico e educativo.
Cursos para adultos
Como dixemos, ofértanse en total tres cursos para as persoas adultas. O primeiro deles é unha formación de ofimática nivel intermedio, que se impartirá do 11 ao 20 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00 de mércores a venres. Nestas sesións formativas, achegaranse contidos relacionados coas diferentes ferramentas que nos ofrecen as aplicacións informáticas para o noso dÃa a dÃa e aprender a usalas do mellor xeito posible: organizar arquivos, crear o noso currÃculum, follas de cálculo ou recoñecer os riscos da rede.
Os dÃas 11, 12 e 13 de xuño, en horario de 17.15 a 18.45 horas, celebrarase o curso Comunicación dixital, no que se afondará no uso de aplicacións como Whatsapp Web, Zoom, Google Meet ou as redes sociais para desenvolver unha comunicación efectiva e profesional na contorna dixital.
Por último, os dÃas 18, 19 e 20 de xuño, en horario de 17.15 a 18.45 horas, impartirase a formación Aplicacións para o dÃa a dÃa, onde se traballará con diferentes aplicacións móbiles e páxinas web que nos poden resultar útiles na nosa vida cotiá para unha ampla variedade de temas como poden ser a organización, trámites, pagos, saúde ou incluso transporte.
Curso para rapaces
Neste mes de xuño, a Aula AMTIC ofrece un curso dirixido para menores a partir dos 10 anos, que se impartirá do 25 ao 27 de xuño en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación, os nenos e nenas traballaran diferentes habilidades, como a creatividade ou o pensamento lóxico, a través do uso de diferentes xogos dixitais e actividades prácticas.
Na primeira parte do curso, os nenos e nenas poderán explorar a súa creatividade e entender as nocións máis básicas da informática empregando aplicacións e ferramentas dixitais nos que adquirir conceptos relacionados co deseño ou a programación adaptados a eles. Xa na segunda parte da formación, os contidos estarán máis orientados ao uso da lóxica e resolución de problemas empregando xogos educativos que fomenten o seu desenvolvemento cognitivo.
A inscrición en calquera destes cursos pode realizarse chamando ao número de teléfono 674 59 48 43, enviando ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com a solicitude de inscrición cuberta, que se pode descargar na seguinte ligazón, asinada ou presencialmente na aula AMTIC do Milladoiro en horario de aula aberta (De luns a venres de 10.00 a 12.30 e de 16.00 a 20.00).
