A Aula CeMIT de Ames inicia os seus cursos de informática
venres, 8 de setembro do 2023
Neste
mes de setembro a Aula
da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da
Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames retorna a súa
actividade en horario habitual. A súa oferta formativa para o último
cuadrimestre do 2023 inclúe oito cursos (cinco para adultos e tres
para rapaces e rapazas. As inscricións poden facerse de xeito
telemático, escribindo ao enderezo cemit.ames@xunta.gal, premendo na
ligazón habilitada, chamando ao número de teléfono 682 373 753
ou na Casa da Cultura de Bertamiráns (primeiro andar, praza de
Chavián).
Indo
aos cursos da aula CeMIT, dicir que neste último terzo do ano
abranguen contidos tanto para persoas alleas ao mundo da rede
(Iniciación á Informática ou Introdución á Administración
electrónica) como para persoas cun nivel máis avanzado (edición de
imaxes, creación de CV...). No caso da cativada, haberá cursos de
nivel básico de informática e de mecanografÃa.
AsÃ,
a primeira das formación achegadas pola aula CeMIT para adultos é
Crea o teu CV a medida!, que terá lugar o luns 11, o mércores
13 e o venres 15 de setembro, de 10 a 12 horas. Trátase dun curso no
que os participantes aprenderán a realizar un bo currÃculo para a
busca de emprego. Estudarase o proceso completo: dende a creación
dunha autoanálise para decidir que poñer no CV até o momento de
escribir unha carta de presentación a unha empresa. Na sesión final
poderase poñer en práctica o aprendido creando un currÃculo propio
coa axuda dun profesor.
Asemade,
ofértase tamén o curso Busca de emprego a través de Internet!,
que se desenvolverá o luns 18, o mércores 20 e o venres 22 de
setembro, de 10 a 12 horas. Neste curso achegaranse trucos e
consellos para levar a cabo dita busca, asà como recursos para
atopar ofertas de todo tipo (portais de emprego, boletÃns semanais,
uso de redes sociais...).
En
canto ás persoas interesadas na Administración electrónica,
poderán inscribirse no curso Introdución á Administración
electrónica, que vai ter lugar o luns 25, o mércores 27 e o
venres 29 de setembro, de 10 a 12 horas. Nel, ensinarase o manexo con
todo tipo de sistemas de identificación electrónica, dende o DNI
electrónico até os certificados dixitais, Cl@ve e Chave365. Verase
como facer para obter cada un deles, asà como as súas vantaxes e
desvantaxes. Os participantes poderán achegarse tamén á sede
electrónica do Concello de Ames e a servizos tan útiles como
É-Saúde ou Notifica.gal.
No
apartado en liña (online), ofértase o curso Edición de
imaxes con GIMP. Será os luns e mércores, de 16:30 a 18 horas,
dende o 18 de setembro até o 11 de outubro. Os/as participantes
achegaranse a esta ferramenta de software libre e de balde, que serve
como alternativa a Photoshop. As aulas servirán para entender as
súas bases e desenvolver a técnica de emprego. Só será preciso
matricularse e asistir ao directo de Youtube a través do computador.
Antes do comezo das clases enviarase por correo electrónico a
información precisa para acceder a cada unha das sesións.
Informar
que para cada unha das formacións ofértanse trece prazas. O
alumnado poderá facer uso da aula aberta tanto antes coma despois de
cada sesión para realizar prácticas adicionais ou para consultar
dúbidas sobre calquera tema.
No
caso dos nenos e nenas, tamén contan cun espazo de formación na
aula CeMIT. Entre o 19 de setembro e o 12 de decembro haberá un
curso de informática para idades entre 7 e 10 anos, de nivel básico.
Desenvolverase os martes, de 17:15 a 18:45 horas. Con el, os máis
pequenos poderán aprender sobre as bases do uso dun ordenador: rato,
teclado, Sistema Operativo, xestión de documentos e cartafoles,
acceso á rede, introdución á escritura en LibreOffice Writer...
Alén
disto, ofértanse dous cursos de mecanografÃa, ámbolos dous serán
entre o 21 de setembro e o 14 de decembro. Para menores de 10 anos,
terán lugar os xoves, de 17 a 18 horas; mentres que para maiores de
10 anos se desenvolverá ese mesmo dÃa, de 18 a 19 horas.
Dende
o 3 de outubro até o 20 de novembro desenvolverase Iniciación á
Informática, todos os martes e xoves de 10 a 12 horas. Trátase
doutro curso para adultos, con esta formación búscase achegar
conceptos como o manexo do rato e do teclado, a acender e apagar os
equipos e a xestión do Sistema Operativo para crear documentos e
traballar con eles.