A Aula CeMIT de Ames organiza novos cursos de formación para os meses de abril e maio
venres, 4 de abril do 2025
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames organiza novos cursos formativos para abril e maio. Deste xeito, ao longo destes dous meses haberá en total tres formacións dirixidas para adultos: un sobre telefonÃa móbil (sen prazas), outro sobre presentacións con LibreOffice Impress e outro sobre traballo na nube.
En canto aos cursos para menores, realizaranse dous, un deles será unha formación con Scracht para Semana Santa, sen prazas dispoñÃbeis xa. A outra das formacións para rapaces e rapazas será Traballos de clase con LibreOffice. A inscrición para calquera dos cursos pode facerse chamando ao 682 373 753, escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou de forma presencial nas propias instalacións da aula CeMIT en Bertamiráns.
Cursos para adultos
En total, haberá tres formacións presenciais dirixidas para adultos e ofértanse 14 prazas para cada un. O primeiro dos cursos será Sácalle partido ao teu teléfono móbil, para o cal xa non quedan prazas libres. Nesta formación, o alumnado aprenderá todos os usos e posibilidades que ofrece o teléfono móbil, desde o nivel máis básico. O curso, que comeza mañá martes, 1 de abril, durará ata o vindeiro 12 de xuño. Asà mesmo, desenvolverase os martes e xoves en horario de 10.00 a 12.00 horas.
O segundo curso será Presentacións con LibreOffice Impress, que se impartirá desde o 21 de abril ata o 7 de maio, os luns e mércores, en horario de 17.15 a 18.45 horas. Os participantes continuarán a adquirir ferramentas relacionadas co paquete de ofimática LibreOffice, neste caso, centrado na creación e formato de presentacións completas e interactivas empregando os diferentes elementos que oferta a aplicación.
O último dos novos cursos para adultos que organiza a aula CeMIT para estes meses de primavera é Traballando na nube, que dará comezo o 12 de maio e rematará o 11 de xuño. As clases serán os luns e mércores en horario de 17.15 a 18.45 horas. Nesta formación impartiranse contidos relacionados coa nube (o espazo dixital para gardar contidos), empregando as ferramentas de Google como base práctica, xunto con todas as posibilidades de traballo que esta ofrece para crear, organizar e compartir documentos de todo tipo.
Cursos para menores
Asà mesmo, a Aula CeMIT organiza un novo curso de formación para menores, Traballos de clase con LibreOffice, dirixido para mozos e mozas de entre 9 e 14 anos. O curso desenvolverase os martes e xoves en horario de 17.15 a 18.45, e dará comezo o dÃa 22 de abril e durará ata o vindeiro 12 de xuño. Deste xeito, os participantes poderán coñecer todas as opcións e posibilidades que ofrecen os servizos de Writer e Impress do paquete de ofimática LibreOffice para poder realizar os seus traballos da escola e do instituto. Ademais, afondarán nos mecanismos para saber atopar información na rede e organizala dun xeito eficiente.
Este novo curso de ofimática para menores súmase ao curso da ferramenta de programación Scratch que se desenvolverá os dÃas de semana Semana Santa (Luns 16, martes 15 e mércores 16 de abril), para o cal xa non quedan prazas. Dirixido para menores de 8 a 12 anos, nel os participantes comezarán a introducirse na lóxica da informática.