A Aula CeMIT de Betanzos organiza novos cursos dixitais para o mes de setembro
mércores, 14 de agosto do 2024
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (CeMIT) do Concello de Betanzos achega en setembro dúas actividades formativas para seguir capacitando tecnoloxicamente á veciñanza. Os dÃas 16, 17, 18, 19, 20, 23, 24 e 25 de setembro desenvólvese o obradoiro Iniciación á informática dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.
O 27 de setembro celebrarase o Exame de teleformación EMA dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h.
Segundo lembra o Concello, a Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanÃa con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1, a través da páxina web da Rede CeMIT, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.betanzos@xunta.gal.