A Aula CeMIT de Boiro achega en febreiro novos cursos TIC para a cidadanÃa
mércores, 17 de xaneiro do 2024
O Concello de Boiro programa novos cursos en novas TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC) para o mes de febreiro a través da Aula CeMIT do Centro Social.
A formación impartirase en horario de mañá e para participar é necesaria a inscrición previa.
Un dos cursos que se vai impartir é de Redes Sociais para manexo de Facebook, Instagram e TikTok, que terá lugar no Centro Social entre o 5 e o 8 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas.
Outra das formacións que se vai levar a cabo é para empregar Ferramentas na nube como Google Apps e outras, que será entre o 12 e o 15 de febreiro en horario de 10.00 a 12.00 horas. Tamén se vai impartir un curso de Compras por Internet entre o 20 e o 22 de febreiro de 10.00 a 12 horas.
Para participar requÃrese inscrición previa, que se pode formalizar a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.