A Aula CeMIT de Boiro formará á veciñanza en contidos audiovisuais e en LibreOffice Calc

mércores, 15 de maio do 2024 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece dous novos cursos formativos de capacitación dixital para a cidadanía e a desenvolver durante o vindeiro mes de xuño. As inscricións están abertas e poden facerse na Aula CeMIT do Centro Social, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
Un dos cursos que se vai impartir é de Conceptos básicos de audiovisual e edición de vídeo, que está programado para os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de xuño en horario de 10.00 a 13.00 horas.
A outra das actividades formativas será LibreOffice Calc (inicio e perfeccionamento), que se vai impartir entre o 17 e o 20 de xuño entre as 10.00 e as 12.30 horas.