A Aula CeMIT de Boiro mostra á cidadanía como facer trámites electrónicos e mercar seguro na Rede

luns, 18 de novembro do 2024 S. P.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece cursos de formación en novas tecnoloxías para o mes de decembro. Segundo confirmaron dende o centro local de alfabetización dixital, as inscricións para participar nestas novas actividades están abertas e poden facerse na propia Aula CeMIT do Centro Social de Boiro, no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.
As súas actividades teñen o obxectivo de capacitar á veciñanza en usos comúns das novas ferramentas que facilitan o seu día a día.
No mes de decembro vaise impartir un curso de Trámites electrónicos, que será os días 2 e 3 de decembro en horario de 10.00 a 12.30 horas; e tamén un sobre Compras seguras en Internet, que terá lugar na Aula CeMIT os días 10 e 11 de decembro no mesmo horario.