A Aula CeMIT de Boiro oferta un obradoiro de emprego en competencias dixitais
mércores, 24 de setembro do 2025
A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta un obradoiro de formación dixital nomeado Competencias dixitais: a clave para o emprego, que está programado para o dÃa 29 de setembro na aula do Centro Social de Boiro. As inscricións están abertas a través da web da rede CeMIT.
Esta formación está destinada a persoas que buscan emprego ou queren mellorar as súas habilidades para a procura de emprego. Nel abordaranse cuestións como a busca de emprego en liña, aprender a facer un bo currÃculo, participar en entrevistas virtuais ou aprender novas profesións e coñecementos.
Máis información sobre a formación na web da Rede CeMIT, na conta de correo cemit.boiro@xunta.gal ou no 629 769 139.
