A Aula CeMIT de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxÃas para o mes de maio
martes, 15 de abril do 2025
A Aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos de formación en novas tecnoloxÃas para o mes de maio, dirixidos a avanzar na capacitación dixital da cidadanÃa e, tamén, a incrementar a súa formación e a súa empregabilidade. As inscricións para participar poden formalizarse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou os teléfonos 981 84 26 35 e 629 769 139.
Entre o 5 e o 8 de maio, en horario de 10.00 a 12.00 horas, vaise impartir a formación Sistemas de Comunicación; do 12 ao 14 e maio, no mesmo horario, Deseño e Impresión 3D; pola súa banda Retoque de fotografÃas con GIMP será do 19 ao 22 de maio de 10.00 a 12.00 horas; e, por último, Edición e Montaxe de VÃdeo será do 26 ao 29 de maio no mesmo horario.
Todos os cursos son gratuÃtos e impartiranse na Aula CeMIT do Concello de Boiro situada no Centro Social de Boiro.