A Aula CeMIT de Guitiriz comeza setembro cun obradoiro creativo sobre tecnoloxías disruptivas
venres, 18 de agosto do 2023
A
Aula
CeMIT do Concello de Guitiriz acolle o vindeiro 2 de setembro, en
horario de 10:00 a 14:00 h, un obradoiro creativo sobre equipamento
para a inclusión e a capacitación dixital da veciñanza. A
actividade está definida no marco do convenio de colaboración entre
a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
destinada a adultos sen necesidade de coñecementos previos aínda
que si con competencias básicas no uso das TIC.
Será
unha sesión “demostrativa e experimental” na que se exporán
varias aplicacións e usos dos sistemas e equipamentos tecnolóxicos
disruptivos presentes nos centros da Rede. Está destinada a persoas
adultas con interese profesional o persoal sobre este tipo de
tecnoloxía cun enfoque divulgativo e ocio-educativo. Abordaranse
recursos como a impresión FDM, a Raspberry Pi, o hardware-software
libre Arduino, o dron DJI Tello ou o Wonder Building Kit con
micro:bit V2. Tamén se mostrarán as posibilidades da Realidade
Virtual a través dos Kits Educa 360.
Esta
formación irá acompañada de pílulas informativas de cada
elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais
posibilidades así como diversos recursos para o seu aprendizaxe.
As
prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán anotarse, así
como recibir máis información, no correo electrónico
cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao 982 370 062.