A Aula CeMIT de Guitiriz estrea equipamento tecnolóxico

martes, 19 de decembro do 2023 S. P.

A Aula CeMIT de Guitiriz conta desde o pasado 11 de decembro con novo equipamento de tecnoloxías composto de 22 computadores, 10 tabletas, un trípode con anel de luz, unha webcam e unha pantalla de croma. Estes novos equipos chegan a través da AMTEGA a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, subvencionados nun 60% con fondos europeos e servirán para reforzar os cursos de formación que se imparten durante todo o ano de maneira gratuíta.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Moranderia, sinalou que esta ampliación “permite seguir mellorando a Aula CeMIT de Guitiriz” e adaptala “ás novas necesidades que van xurdindo e, sobre todo, ás novas capacitacións que se ofrecen a través destas aulas”. Morandeira animou á veciñanza para participar e a facer uso da aula de informática: “É un servizo moi importante para conseguir unha transformación dixital inclusiva, principalmente naquelas franxas de idade nas que non están tan familiarizadas co uso das novas tecnoloxías”.