A Aula CeMIT de Poio amplÃa a súa formación con sete novos cursos de habilidades dixitais
venres, 10 de xaneiro do 2025
A oferta formativa da Aula CeMIT de Poio segue adiante neste mes de xaneiro con sete cursos novos de habilidades dixitais que van desde informática e internet nivel de iniciación, follas de cálculo (niveis iniciación e medio), enderezo electrónico, videoconferencias ou deseño de carteis. Todas as actividades son gratuÃtas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web da CeMIT, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na mesma aula situada en Combarro.
Asemade, calquera usuaria ou usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres (entre as 19.30 e as 21 horas). As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.
Con respecto ao curso de iniciación á informática, desenvolverase do luns 13 ao venres 17 de xaneiro (de 16.30 a 18 horas) e o alumando adquirirá os coñecementos básicos para manexar o ordenador, desde acender e apagar o equipo, até o uso do rato, familiarización co entorno gráfico e uso de arquivos e carpetas.
A vindeira semana tamén se impartirá o curso de iniciación ás Follas de Cálculo con LibreOffice Calc (de 18 a 19.30 horas). As follas de cálculo son, xunto co procesador de texto, unha das aplicacións máis empregadas, xa que se poden crear documentos que realizan cálculos de xeito automático e permiten a súa impresión, polo que son moi utilizadas na contabilidade, facturación e almacén, sendo unha ferramenta indispensábel para o traballo de oficina. Ademais, tamén está programado un curso de follas de cálculo nivel medio para a semana do 20 ao 24 de xaneiro (tamén en horario de 18 a 19.30 horas).
En canto ao curso Iniciación a Internet, impartirase tamén do luns 20 ao venres 24 de xaneiro (de 16.30 ás 18 horas). Ao finalizar o curso, a persoa usuaria poderá empregar aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede, desde realizar procuras sinxelas nun buscador ou seguir as ligazóns para navegar polas páxinas web, entre outros.
A última semana de xaneiro, entre o 27 e o 30, celebrarase o curso Iniciación ao Correo Electrónico Web, unha ferramenta útil para comunicarse e enviar arquivos e información de todo tipo (de 16.30 a 18 horas).
A formación Deseño de carteis e folletos, organizarase do 27 ao 4 de febreiro (agás o venres 31), entre as 18 e as 19.30 horas. As persoas participantes aprenderán a usar Canva e outros programas semellantes que permiten crear en liña deseños de carteleirÃa, tarxetas ou outros deseños artÃsticos.
Por último, o curso Videoconferencias Online, impartirase o venres 31 (de 16.30 a 18 horas).
A maiores destes cursos, tamén se reserva unha sesión para realizar a proba de aproveitamento dos cursos online EMA, que será o venres 31m de 18 a 19.30 horas e que permitirá obter o diploma dos cursos realizados na plataforma de teleformación da Aula CeMIT.
Alén da Aula CeMIT, o Concello de Poio tamén comeza a vindeira semana na Aula da Reiboa os novos cursos de Capacitación dixital encamiñados a persoas en situación de desemprego.
En total son dúas formacións gratuÃtas, de 200 horas cada unha, e que se desenvolverán entre xaneiro e abril. Permitirán ao alumnado seguir avanzando en coñecementos informáticos para mellorar a súa empregabilidade, favorecer a busca de emprego e mesmo facilitar as súas xestións a través da rede. Nesta ocasión, os cursos ofrecerán ensinanzas en nivel intermedio, para deste xeito dar continuidade ás aprendizaxes de iniciación que se organizaron ao longo deste ano no concello.
O curso dividirase en cinco unidades formativas de 40 horas cada un delas: Busca e xestión de información dixital; Resolución de problemas coa entorna dixital; Creación de contido dixital e programación; Seguridade e civismo na contorna dixital e Comunicación e colaboración coa ferramenta dixital. Ademais, tamén se incluirán módulos de formación para a igualdade e de orientación laboral. O alumnado que supere todo o itinerario recibirá como agasallo un equipo informático que lles facilitará seguir practicando todo o aprendido nos seus fogares.