A Aula CeMIT de Ribeira abre este venres o prazo de inscrición para os seus cursos de xuño
xoves, 19 de maio do 2022
O
Concello de Ribeira informou de que este venres 20 de maio abre o
prazo de inscrición para os tres cursos de balde sobre novas
tecnoloxÃas da información que ofrece a Aula CeMIT local este mes
de xuño: dous deles na súa sede principal no barrio de Cubeliños e
un máis na Casa da Cultura de Castiñeiras.
AsÃ,
do 6 ao 10 de xuño, en horario de 9.30 a 11 horas celebrarase un
curso sobre Móbil Android. Uso Básico. Hai
oito prazas ofertadas.
Tamén
haberá outro curso de Móbil Android. Uso Básico,
do 7 ao 23 de xuño, na Casa de Cultura de Castiñeiras, en horario
de 11.30 a 13 horas, con 8 prazas.
Por
último, do 13 ao 23 de xuño na Aula CeMIT terá lugar unha acción
formativa dedicada a Iniciación GIMP – Retoque de
Imaxe. Será de 9.30 a 11 horas con 10 prazas vacantes.
O
Concello engadiu que en todos os casos as inscricións pódense
formalizar na propia Aula CeMIT de Ribeira (situada na rúa 1
Cubeliño), a través do teléfono 981 876 043 ou ben por medio do
enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal. Tamén pode facerse
vÃa web na
páxina da aula.