A Aula CeMIT de Ribeira inicia novos cursos sobre competencias dixitais

venres, 6 de outubro do 2023 S. P.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez Puerta, presentou este venres 6 de outubro os cursos que comezarán na Aula CeMIT local o vindeiro 16 de outubro. O primeiro será sobre Competencias Dixitais, con contidos relacionados coas utilidades do ordenador, navegación en Internet e manexo de buscadores.
O segundo curso será sobre Sede electrónica e certificado dixital, co propósito de “aprender a solicitar, renovar ou anular o certificado dixital; e realizar trámites electrónicos” explicou o concelleiro.
Ambos cursos terán quendas de mañá e tarde e desenvolveranse en outubro e novembro. Suárez Puerta tamén destacou a charla sobre Ciberseguridade que terá lugar o vindeiro 26 de outubro na Aula CeMIT, co propósito de “informar sobre riscos e medidas preventivas en materia de seguridade cibernética”.