A Aula CeMIT de Ribeira ofrece en novembro unha manchea de cursos e probas de certificacións dixitais

mércores, 23 de outubro do 2024 S. P.

O Concello de Ribeira, a través do seu segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, presentou a nova programación de formación tecnolóxica da Aula CeMIT local para o vindeiro mes de novembro, unha axenda formativa na que se inclúen cursos sobre ciberseguridade, IA (Intelixencia Artificial) e detención de noticias falsas (fake news), e tamén diferentes exames para certificacións dixitais.
Suárez-Puerta salientou que “seguimos apostando pola formación e certificación dixital e imos afondar en cuestións como a IA e os bulos en liña das que nos parece que temos a obriga de informar á veciñanza, co fin de axudala a distinguir e procesar o bo uso da información dentro do mundo dixital”.
A continuación debullou o programa polo miúdo:
-Certificado dixital. Do luns día 4 ao xoves día 7 (4 días). O curso, de seis horas de duración, terá dúas quendas: de mañá (de 10.00 a 11:30 h) e de tarde 8 (de 16.00 a 17.30 h). Afondarase nas seguintes cuestións: que é un certificado dixital, pasos para solicitalo, renovalo ou anulalo; como instalalo, desinstalalo e facer unha copia nos distintos navegadores, e exemplos de trámites comúns.
-Iniciación á Intelixencia Artificial. Charla impartida por Cibervoluntarios, o venres día 8 de novembro, en horario de 10.00 a 12.00 h. Abordaranse os fundamentos da IA e as aplicacións máis innovadoras, especialmente ás envorcadas á xeración de texto, imaxes e vídeos.
-Ciberseguridade. Protéxete fronte aos delitos da IA. O xoves día 14 de novembro. A charla, impartida por FEGAUS, desenvolverase de 10.30 a 11.30 horas.
-Ciberseguridade, os teus primeiros pasos. O xoves 14 de novembro en horario de 12.30 a 14.00 horas. Segunda quenda dunha charla que xa impartira en abril.
-Fake News: como detectar novas falsas. O venres 15 de novembro. Impartida por Cibervoluntarios, en horario de 10 a 11h. Aprenderase a cuestionar a información que nos chega a través das redes sociais e Internet para detectar posíbeis contidos falsos.
-Protección ante fraudes e estafas en Internet (o venres 15 de 11 a 12 h.) - Como protexernos ante eles. Imparte Cibervoluntarios.
-Uso seguro de Internet. O xoves 20 de novembro, en horario de 10 a 11, impartida por Cibervoluntarios. Achegaranse as claves para facer un uso seguro e responsábel da Rede, sendo conscientes da nosa pegada dixital e da nosa privacidade.
-Coñece todo sobre as tecnoadicións. Imparte Cibervoluntarios, o xoves 20 de novembro, de 11 a 12h. Definición, detección, tipos e identificación dos distintos tipos de adicións tecnolóxicas. Como previr e actuar ante esas situacións.
-Exame ComDix. O xoves 21 de novembro, con dúas quendas:
· De 10.00 a 12.00 h. De 12.00 a 14.00 h.
ComDix é a certificación galega de competencias dixitais que promove a Administración Galega, e que acredita o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais. Esta certificación ten como referente o Marco galego de competencias dixitais.
-Exame ComDix. O venres 22 de novembro, con dúas quendas:
· De 10.00 a 12.00 h. De 12.00 a 14.00 h.
-Crea o teu currículo con Canva. O mércores día 27, de 10.00 a 11.30 horas. Charlas impartidas por Cibervoluntarios.
-Busca activa de emprego en Internet. O mércores 27 de novembro de 11.30 a 13.30 horas. Aprender a buscar traballo por Internet e os distintos tipos de portais de emprego e redes profesionais que existen.
-Exame da Plataforma EMA. O venres 29, de 11.00 a 12.00 horas. Probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA.
Quen precise máis información ou formalizar as inscricións pode visitar a web da Aula CeMIT de Ribeira.