A Aula CeMIT de Ribeira reforza a súa formación adulta e infantil para este Nadal
martes, 26 de novembro do 2024
Francisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde de Ribeira e concelleiro de Novas TecnoloxÃas presentou este martes 26 de novembro os cursos da Aula CeMIT local para esta tempada de Nadal, un novo programa formativo que se centra en parte na poboación adulta do concello e en achegar aos cidadáns as ferramentas para desenvolverse coa tecnoloxÃa nas súas viaxes e o seu tempo de lecer e, tamén, nas súas primeiras creacións botando man das aplicacións básicas de deseño gráfico. Por outra banda, baixo o tÃtulo Nadal Tecnolóxico a Aula CeMIT brinda á mocidade cursos de manexo de drons, impresión en 3D, edición de vÃdeo e Realidade Virtual.
Cursos de decembro para adultos
-Aprende a usar a tecnoloxÃa para sacarlle partido ás túas viaxes. Do luns dÃa 2 ao xoves dÃa 5 (4 dÃas), de 10.00 a 11.30 h. (6 horas en total). Trátase dun curso orientado a persoas xubiladas. O obxectivo é que aprendan a xestionar as súas viaxes de maneira suficiente e independente. Ensinaráselles como buscar e reservar medios de transporte (avión, tren, autobuses...), como usar Google Maps (saber chegar sen problema e coñecendo as mellores rutas a onde queiran cando estean de viaxe: museos, teatros..., asà como saber medir a distancia e o tempo que lles leva chegar de un lugar a outro), como empregar os tradutores (tanto escritos como de voz), como configurar as conexións ás redes Wi-Fi e xestionar o uso de datos e como tirar proveito da ferramenta Google Lens (usos infinitos e moi útiles dese servizo gratuÃto de Google). Porase o foco tamén no WhatsApp (enviar fotos e vÃdeos á familia; facer videochamadas, enviar unha localización), nos axustes da cámara de fotos e da cámara de vÃdeo (resolución, flash, facer fotos panorámicas) e nos detalles e funcionalidades da web do IMSERSO (ofertas, prazos de inscrición, e tódolos servizos que ofrece).
-Obradoiro de deseño de tarxetas de Nadal para o concurso do Cartel Cabalgata Adultos. Do martes dÃa 10 ao xoves dÃa 12 (3 dÃas), de 10.00 a 11.30 h. (4 horas e media en total). Botarase man da ferramenta Canva para aprender a facer deseños desde cero, e tamén a utilizar e modificar os modelos previos xa deseñados que ofrece o programa. O obxectivo é conseguir que as persoas participantes participen nun concurso pensado para adultos, coa finalidade de deseñaren un cartel para a Cabalgata de Reis 2025, tendo como premio que o traballo seleccionado saia exposto en folletos e carteis este Nadal. O luns 23 elixirase o deseño gañador.
Nadal Tecnolóxico
Do luns 23 de decembro ao venres 03 de xaneiro (agás os dÃas 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro). De 09.30 a 11.00 h. Nenos de 7 a 10 anos.
Luns, 23. Manexo de Drons (Na Aula CeMIT). Coñeceranse os drons: guÃa inicial de iniciación e e uso para aprender sobre os coidados e o manexo con seguridade.
Xoves 26 e venres 27. Manexo de Drons (no Complexo Deportivo da Fieiteira). Prácticas con drons en circuÃtos moi divertidos nunha ampla sala do Polideportivo A Fieiteira.
Luns 30. Exhibición do manexo de drons (Na Fieiteira), para que poidan vir os familiares dos nenos apuntados ao curso e ver os coñecementos adquiridos sobre pilotaxe de drons.
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro. Impresión 3D. O curso introducirá ós nenos en conceptos básicos da impresión 3D, adquirindo os coñecementos básicos para descargar deseños de librerÃas online e preparalos mediante software para a súa impresión.
Luns 23. De 11.00 a 13.00 h. (2 horas en total). Xornada de portas abertas no Auditorio de Ribeira para que rapaces de entre 10 a 15 anos coñezan o funcionamento das lentes 3D da Aula CeMIT e se acheguen á aventura da Realidade Virtual.
Xoves 26 de decembro ao venres 03 de xaneiro (agás os dÃas 31 de decembro e 1 de xaneiro)
Xoves 26, venres 27 e luns 30. Edición de vÃdeo con Powtoon (4 horas e media en total). Powtoon é unha ferramenta para facer presentacións e vÃdeos animados de forma divertida e intuitiva pero con resultados profesionais, nas que se poden engadir debuxos, imaxes, sons, vÃdeos e texto. É moi útil para captar a atención do público e para desenvolver a explicación dalgún concepto.
Xoves 2 e venres 3 de xaneiro. Realidade Virtual – Gafas 3D (3 horas en total). Obradoiro deseñado para que os rapaces de entre 11 e 15 anos se adentren no mundo da RV e coñezan o funcionamento das lentes 3D das que dispón o centro. O obxectivo é que experimenten emocións e sensacións novas e saiban que non só poden utilizalas para divertirse, senón tamén para aprender: ver vÃdeos, viaxar e coñecer sitios, asistir a concertos, facer deporte, coidar dunha mascota virtual, aprender idiomas... Abordarase tamén a cuestión da IA, amosando ás rapazas e rapaces participantes as mellores aplicacións móbiles e usos educativos e demais usos intelixentes e positivos.
Suarez-Puerta recordou que tódolos cursos e obradoiros son de balde e tamén indicou que os cursos que se están presentando son os máis demandados pola veciñanza.
Para formalizar as inscricións as persoas interesadas deberán chamar ao 981 87 60 43 ou enviar un correo a cemit.ribeira@xunta.gal.