A Aula CeMIT de Valga impartirá en xullo obradoiros tecnolóxicos dirixidos á mocidade
martes, 15 de xullo do 2025
A Aula CeMIT de Valga prosegue neste verán con actividades formativas para achegar a cidadanÃa ás tecnoloxÃas máis innovadoras. Logo das actividades das últimas semanas dirixidas a familiarizar á xente maior coa Realidade Virtual, en vindeiras datas será a mocidade á que poida participar nunha serie de obradoiros tecnolóxicos dos programas Tech Kids (co CPEIG e AMTEGA) e Girl STEAM (do CPETIG e AMTEGA), cos que se busca espertar o interese da xuventude polas disciplinas cientÃficas e tecnolóxicas.
Deste xeito, entre os dÃas 16 e 18 de xullo, desenvolveranse tres sesións do taller Argallando entre xeracións, dirixido a rapaces de entre 10 e 18 anos. É unha actividade de carácter experimental na que se exporán diversas aplicacións e usos dos equipamentos tecnolóxicos innovadores dos que dispón a Aula CeMIT.
As sesións orientaranse tanto á xeración de ideas e invencións como ao uso das últimas tecnoloxÃas: deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica e programación e drons. A partir desta aprendizaxe, os participantes poderán demostrar o seu talento dixital e a súa capacidade de resolución de problemas desenvolvendo retos cientÃfico-tecnolóxicos e proxectos autónomos que teñan como base a formación recibida.
Uns dÃas despois, o 22 e o 23 de xullo, terá lugar na Aula CeMIT unha nova edición dos obradoiros Girl STEAM, con dúas quendas segundo a idade dos participantes: unha de 9 a 11 anos e outra entre 12 e 16. A través de actividades creativas e colaborativas, os alumnos poderán experimentar coa tecnoloxÃa de forma práctica. Entre os contidos destacan: a creación, a partir dun kit de robótica, de autómatas de cartón que se poñerán en funcionamento a través dun motor programable; ou a elaboración dunha escenografÃa móbil nunha caixa de sombras e gravación dun vÃdeo.
Para participar nestas actividades, que son gratuÃtas pero teñen prazas limitadas, é preciso inscribirse previamente na Aula CeMIT ou no Auditorio Municipal (986 55 67 69).
